miércoles, 30 de enero de 2013

QUEN QUERE SER MILLONARIO?



Este é un xogo onde tedes que contestar a distintas preguntas sobre o corpo humano simulando o concurso televisivo: Quen quere ser millonario? Atréveste?


http://catedu.es/chuegos/mill.swf

COMBINA OPERACIÓNS



Aquí podes combinar diversas operacións matemáticas, tendo en conta a xerarquía e o uso do paréntese.





http://www.genmagic.net/mates4/jerarquia_opera_c.swf

OS NÚMEROS DECIMAIS



Fai operacións e resolve problemas con números decimais. Nesta páxina atoparás actividades moi entretidas!


http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/todo_mate/numdec/numdecim_p.html

TÉCNICAS DE ESTUDO



Ola a todos de novo!! Gustaríame que dedicásedes un pouco do voso tempo a esta páxina e que seguísedes os seus consellos!!


http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/aprender/default.htm

miércoles, 16 de enero de 2013

A NAVE DO SABER

Déixovos aquí un xogo educativo. Chámase "A nave do saber", é algo así como un trivial pursuit á súa maneira onde, en lugar dun tableiro con queixiños, temos o espazo e unhas naves que deben conquistar os diferentes planetas. Pero para iso debes responder correctamente ás preguntas!!




http://www.fomento.edu/navedelsaber/nave.swf

martes, 15 de enero de 2013

APRENDEMOS A ESTUDAR

Boas amig@s!!! estaba a mirar pola xanela e decidín saír dar un paseo aproveitando que non chovía.
 Atravesando a Ponte do Porco cruceime co Trasno Trotelo. Contoume que estaba un pouco desanimado, pois aínda que se esforzaba e estudaba, levaba unha temporada na que non conseguía bos resultados nos exames do colexio. Coa intención de axudarlle deixeille aquí uns pouquiños consellos. De seguro que cando tome nota deles mellorará académicamente!! ;D

Aquí tedes o enlace: "Técnicas de Estudo"

domingo, 13 de enero de 2013

Empeza o curso 2013 no xardín do Trasno

Hola amig@s!!!!! Lembrádesvos de min? Son o Trasno Todoterreo (aínda que me podedes chamar TT), un trasniño que estivo acompañando a algún dos vosos compañeiros fai un par de anos. Agora tócame compartir novas aventuras con vos neste novo curso 2013!! Espero que aprendamos moitas cousas xuntos, que nos axudemos, apoiemos e, sobre todo, que nos divirtamos!!!! Sen máis.... despídome de vos ata moi pronto!!!!!!

Déixovos unha foto miña na que saio un pouco cambiado, pois xa pasaron un par de aniños e, como sabedes, os trasnos envellecemos moi rápido. Aínda así consérvome ben, ou non??