jueves, 13 de junio de 2013

Fin do PROA 2013!!

Hola amig@s!!! quería despedirme de vós ata que nos vexamos de novo! Espero que sigades traballando moito no que queda de curso e nos que están por vir! Moita sorte!!
Unha aperta do voso amigo: o trasno todoterreo!



Repasamos as rectas e os ángulos

Proba estes xogos!! Divírtete aprendendo cousas sobre as rectas e os ángulos. Pincha no link que hai debaixo do debuxo.


Debuxos de Iván Rico (6º curso)


Un poema sobre a natureza de Álvaro López García


martes, 28 de mayo de 2013

ARTISTADAS

Aquí tedes unha nova entrega das artistadas feitas polos vosos compañeir@s!! Neste caso, Iván Rico (6º curso) foi o autor destes debuxos! Sí que traballou! Noraboa!





domingo, 26 de mayo de 2013

TANGRAM

O Tangram é un quebracabezas de 7 pezas que poden combinarse para formar moitísimas figuras xeométricas.
Apareceu hai 200 ou 300 anos en China e chamáronlle "Táboa da sabiduría".

Conta a lenda que nunha ocasión o emperador chinés mandou facer unha peza de vidro de grandes dimensións. Durante o transporte desta delicada e perfecta peza cadrada ao palacio do emperador, a peza caeu e, sorprendentemente, quebrouse en 7 formas xeométricas perfectas. Cando quixeron xuntalas de novo, déronse conta de que podían unilas de moitas formas e de que podían facer diferentes debuxos. Seguiron o seu camiño cara o palacio e presentáronlle ao emperador a peza de vidro feita anacos, coma se fose un quebracabezas. Ao emperador gustoulle moito o regalo e dende ese momento comezou a inventar diferentes fomas coas pezas que lle regalaran. 

Aínda que moitos de vós xa a víchedes, déixovos o vídeo da obra teatral feita coas pezas do tangram.

E por último o XOGO!!!!!! pinchade no link que aparece a continuación e pasade un rato entretido!!http://www.jugarconjuegos.com/habilidad%20y%20logica/ELJUEGODELTANGRAM.htm

sábado, 25 de mayo de 2013

CALIGRAMAS

Hola amig@s!! Moitos de vos xa sabedes que é un caligrama, ou non?
Facendo un pouco de memoria, lembraredes que un caligrama é un texto breve, unha simple frase ou palabra que podemos colocar como queiramos para facer un debuxo. Ese debuxo está relacionado coas palabras, frases ou co texto que nós escribimos.

Aquí tedes uns caligramas feitos polos artistas de 5º e 6º. Todos moi orixinais!