domingo, 26 de mayo de 2013

TANGRAM

O Tangram é un quebracabezas de 7 pezas que poden combinarse para formar moitísimas figuras xeométricas.
Apareceu hai 200 ou 300 anos en China e chamáronlle "Táboa da sabiduría".

Conta a lenda que nunha ocasión o emperador chinés mandou facer unha peza de vidro de grandes dimensións. Durante o transporte desta delicada e perfecta peza cadrada ao palacio do emperador, a peza caeu e, sorprendentemente, quebrouse en 7 formas xeométricas perfectas. Cando quixeron xuntalas de novo, déronse conta de que podían unilas de moitas formas e de que podían facer diferentes debuxos. Seguiron o seu camiño cara o palacio e presentáronlle ao emperador a peza de vidro feita anacos, coma se fose un quebracabezas. Ao emperador gustoulle moito o regalo e dende ese momento comezou a inventar diferentes fomas coas pezas que lle regalaran. 

Aínda que moitos de vós xa a víchedes, déixovos o vídeo da obra teatral feita coas pezas do tangram.

E por último o XOGO!!!!!! pinchade no link que aparece a continuación e pasade un rato entretido!!http://www.jugarconjuegos.com/habilidad%20y%20logica/ELJUEGODELTANGRAM.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario